1 de noviembre de 2012


NOMEAMENTOS DIOCESANOS

O BISPO NOMEOU NOVOS PÁRROCO E VIGAIRO PARA SANTIAGO DE VIGO E NOVO CAPELLÁN DA RESIDENCIA DE ANCIÁNS SANTA MARTA
  • RVDO. SR. D. JOSÉ ANTONIO MARZOA RODRÍGUEZ, PÁRROCO DE SANTIAGO O MAIOR, DE VIGO
  • RVDO. SR. LIC. D. LUIS GONZÁLEZ CEDEIRA, VIGAIRO PARROQUIAL DE SANTIAGO O MAIOR, DE VIGO
  • RVDO. SR. LIC. D. JESÚS GAGO BLANCO, CAPELLÁN da RESIDENCIA "SANTA MARTA" das IRMÁS dos ANCIÁNS DESAMPARADOS

José Antonio Marzoa, o novo párroco de Santiago o Maior de Vigo, naceu en San Vicente de Infesta (Ourense) en 1949 e foi ordenado sacerdote en Tui en 1973. Foi profesor e formador do Seminario Menor de Tui; administrador parroquial da Guía de Randufe; vigairo parroquial de Baiona; administrador parroquial do Sagrado Corazón de Xesús e párroco de S. Xuán de Ávila, ambas no centro de Vigo, e ata agora era o párroco de S. Pedro de Matamá. É o Consiliario do Movemento de Cursos de Cristiandad e era tamén Arcipreste da zona de Vigo-Santo André.
Luís González Cedeira, o novo vigairo parroquial de Santiago o Maior de Vigo, naceu en Baiona en 1975 e foi ordenado sacerdote en Tui no ano 2002; é Licenciado en Estudos Eclesiásticos e foi vigairo parroquial da Soidade en Vigo, onde desenvolveu un extraordinario labor pastoral, particularmente entre os mozos e os catequistas. Na actualidade é párroco de Priegue e Saiáns.
Manuel Seijo Rodríguez, Párroco Honorario de Santiago o Maior, naceu fai 79 anos en Beade e foi ordenado sacerdote en Comillas (Cantabria) onde se licenciou en Sagrada Teoloxía. Leva moitísimos anos nesa parroquia onde tamén foi ademais de párroco, vigairo parroquial. O Sr. Bispo, por mor do seu grave e recente enfermidade, relévalle da responsabilidade directa das cargas parroquiais.
Jesús Gago Blanco, nomeado Capelán da Residencia "Santa Marta" das Irmás dos Anciáns Desamparados (Alcabre) naceu en Barro (Pontevedra) fai 74 anos e entre outros moitos cargos e encargos -que desempeñou sempre con eficiencia, humildade e gran espírito de servizo-, foi ata fai un mes o Vigairo Xeral da Diocese de Tui-Vigo.