28 de marzo de 2013

Misa Crismal 2013
Catedral de Tui


O BISPO PRESIDIU A MISA CRISMAL NA CATEDRAL DE TUI

Na mañá de hoxe, día 27 de Marzo, o Bispo da Diocese presidiu na S.I. Catedral de Tui a Misa Crismal, concelebrando con numerosos sacerdotes do presbiterio diocesano chegados desde as distintas zonas da Diocese.
Na concelebración da “misa crismal” maniféstase a comuñón do Bispo cos seus presbíteros, e estes fan pública renovación dos seus compromisos sacerdotales. Tamén se bendicen os óleos e conságrase o crisma, que despois se distribúe ás parroquias da Diocese para a administración dos sacramentos.
O Bispo bendice o óleo dos catecúmenos -aqueles que van ser bautizados-, o óleo dos enfermos e consagra o santo crisma, que se utiliza nos sacramentos do bautismo, da confirmación e no da orde sacerdotal.

Homilía



Galeria de Imágenes